domingo, 3 de marzo de 2013

PREMIO LIEBSTER AWARD


De mans da Seño Ana, do blog DIARIO DE UNA EDUCADORA INFANTIL, da miña compi Mireia, do blog MON INFANTIL , de Isabel do blog RENACUAJOS INFANTIL de Joel, do blog EDUCACIÓ I LES TIC ,de Carol, do blog UN MUNDO DE PEQUEÑAS COSAS  , de Jose, do blog EL RINCÓN DEL MAGO, de Miren do blog LA CLASE DE MIREN,  de Brichi do blog EDUCACIÓN INFANTIL BRIMAR, de Sabela do blog OS PEQUES DE VALEIXE , de Rosa do blog EN CLASE CON ROSA, de Yoli do blog EL RINCONCITO DE INFANTIL  , de Encarni, do blog INFANTIL EN EL SEDOFEITO ,de Laura do blog LOS DRAGONES DEL CEIP LUIS VIVES,de Isabel do blog RECURSOS PARA MI CLASE, e de Esther do blog EDUCAR DESDE CERO,  recibimos este novo premio.
O premio ten unha serie de normas para aceptalo que son:

1ª Agradecer o premio á persoa ou blog que cho otorgou: Dende aquí moitísimas grazas aos catro.

2.- Responder a once preguntas. Estas son as once que  nos propoñen:

1.¿Por qué decidiste crear un blog y cuándo empezaste?
Empecei hai cinco anos co meu anterior blog MEDRANDO XUNTOS, como un xeito de ter organizados todos os recursos que utilizaba na miña aula de apoio a infantil e primeiro ciclo.
2.Si no escribieras sobre los temas que tratas  en el blog ¿Sobre qué te gustaría escribir?
Nunca mo planteei, así que non sabería que dicir.
3.¿Cuál es tu post preferido?¿Por qué?
O meu post preferido é este:http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/2011/09/campana-por-un-tratamento-digno-do.html Porque se trataba de dar difusión á a petición dunha nai para acadar un tratamento digno do autismo.
4.¿Qué te aporta tener un blog?
Facilidade á hora de traballar,favorecer a comunicación cos pais e nais do meu alumnado e por suposto moitas satisfacións por todos os amigos e amigas blogueiros que fixen nestes anos.
5.¿Qué es lo que más te gusta del mundo 2.0?
Todas as ferramentas que se poden utilizar.
6.¿Cómo planificas contenidos y temas para el blog?
Do mesmo xeito que planifico o curso. No blog tratamos os temas que traballamos na clase.
7.¿Barajaste otros nombres para el blog antes de decidir el que tiene?
Uns cuantos.
8.Si le pregunto a la gente que te conoce bien, ¿qué me dirían de ti?
Eu creo que dirían que son moi traballadoriña, inquieta, preocupada por demais, ... Ja,ja non sei más.
9.¿Qué haces en tu tiempo libre?
Disfrutar da miña familia.
10.¿Qué consejo darías a las personas sobre el mundo de los blogs?
Que se animen a facer un. É moi útil para o noso traballo, coñécese moita xente, compártense experiencias,...
11.¿Has vivido algún hecho importante a través del blog?
Si,coñecer ao meu marabilloso Claustro-blog co que ademais de por en marcha o PROXECTO BLOGS AMIGOS manteño unha boísima relación de amizade.

Pastora, do blog ORIENTACIÓN DO CPI DE PANXÓN obséquianos co mesmo premio e distintas preguntas que son:

  1. Que opinas do premio. Paréceme fantástico que entre blogs se premie o traballo dos demáis.
  2. Describe o teu blog e cando o creaches e porqué? O meu blog nace hai tres anos cando me destinaron definitiva a este cole. Quería crear unha xanela na que poder compartir cos pais dos meus alumnos todo o noso traballo na aula, así como para que me servise de banco de recursos para a miña labor.
  3. Que aprendiches a nivel personal ou profesional no último ano? A nivel profesional creo que moitísimo grazas a todos os blogs amigos que comparten desinteresadamente todo o seu traballo e que aportan ideas e distintas formas de dar as clases.
  4. Que é o que mais te gusta do noso sistema educativo.Que sexa gratuito e estea ao alcance de todos.
  5. E o que menos. Todos os recortes que están a facer e que van en detrimento da educación dos nosos fillos.
  6. Como o mellorarías. Dicíndolle aos politícos que deixen de defender tanto a privada, que hai moi bos mestres na pública con moitas ganas de ensinar e enamorados do seu traballo e que se hai que recortar que miren ben que hai moitísimos sitios onde recortar sin ser en educación, empezando por eles mesmos.
  7. Viviches algún feito importante a través do blog? Si, formar xunto con outras catro marabillosas persoas o proxecto de blogs colaborativos e grazas a el coñecer a moi bos compañeiros e amigos virtuais.
  8. Cara onde imos nas redes sociais. Hacia o infinito e máis alá.
  9. Cales son as que mais te gustan. Ata hai moi pouquiño só utilizaba facebook pero agora xa me estou poñendo ao día co Google + e co Twitter. Todas están ben, cada unha no seu estilo. O que non hai é tempo para adicarlles, je,je
  10. Por que estás nesto da educación. Porque é a miña grande vocación dende que era unha rapariga. Gústame o meu traballo.
  11. Engade o que queiras. Para rematar gustariame dar as grazas a todos os blogs que coñeco por todo o que comparten e me ensinan cada día.


3º Premiar a 11 blogs e escribir 11 preguntas.

Os once blogs que premio esta vez son:

- Rocío do blog AULA DE PT
- Nuría do blog  SOM-HI MESTRES
- Profes do blog INFANTIL CALVO SOTELO
- Dolores do blog ESPELLO DA NOSA CLASE
- Elena do blog EN EL AULA DE APOYO
- Mª José do blog DESVÁN DE PALABRAS
- María do blog DUEÑOS DE ESTRELLAS
- Gemi, do blog EL BLOG ENCANTADO

As once preguntas, ao igual que a Seño Ana, deixo exactamente as mesmas.

4ª Informar aos blogs do premio e visitalos. Iso fareino cando remate entrada.

MOITÍSIMAS GRAZAS A TODOS

Actualización: Recibimos en xaneiro do 2015 este premio de mans de Julio do blog LEER ES SIEMPRE UN VIAJE SORPRENDENTE. Moitísimas grazas, Julio.