martes, 23 de septiembre de 2014

PREMIO EXCELLENCE


Comezamos o curso co premio EXCELLENCE ao  traballo realizado que nos otorga Carmen, do blogue CATACRICATACRAC, un xenial blogue onde podedes atopar estupendos contos e ideas para traballalos. Moitísimas grazas Carmen por pensar en nós para o premio.

Para aceptalo hai que cumplir estas sinxelas regras:
  1. Pegar a imaxe do premio
  2. Escribir un agradecemento
  3. Nominar a dez blogues
  4. Publicar
O máis difícil é como sempre nominar aos dez blogues porque a miña lista de blogues favoritos é ... longuíííííííííííma. 

Así que esta vez os meus nominados son:

- A Xanela de infantil

Tamén nos conceden o mesmo premio, Fefi, do blogue APRENDER ES DIVERTIDO 1º Y 2º , Anabel do blogue O RECUNCHO DAS FADAS , Mariló do blogue LA SEÑO MARILÓ Y SUS NIÑOS, Ana do blogue LAS COSITAS DE LA MAESTRA ANA , Olga do blogue MIS COSILLAS DE EDUCACIÓN INFANTIL , Anna do blogue PETIT MÓN, Fany do blogue UN RACONET D´IDEES ,Miren do blogue LA CLASE DE MIREN , Ana de UN PROYECTO DE MAESTRA e Isabel do blogue RECURSOS PARA MI CLASE ,Begoña do blogue APRENDER EN MI CLASE ES DIVERTIDO  e Marta do blogue EL DESVÁN CURIOSO.Moitísimas grazas a TODAS.

lunes, 9 de junio de 2014

PREMIO VERSATILE BLOGGER AWARD


Estamos de noraboa. Chéganos este fantástico premio de mans de tres grandes blogues amigos: DUEÑOS DE ESTRELLAS de María,  A ESCOLA DE BARCIELA de Fina, Maica e Ana e MOMENTOS MÁGICOS de Sole..

Hai que adicarllo a algúns blogues que se sigan así que ainda que para min serían merecedores todos os blogues que sigo, nesta ocasión gustariame adicarllo

En primeiro lugar a Carmela do blogueTALLERES DE APRENDER APRENDER, a Dolores do blogue ESPELLO DA NOSA CLASE, a Silvia do blogue EXPLORAMOS O MUNDO COS CINCO SENTIDOS, a Anabel do blogue O RECUNCHO DAS FADAS e a Isabel do blogue LAS TIC EN PRIMARIA

Moitísimas grazas a todas. Faime moitísima ilusión recibilo.

lunes, 26 de mayo de 2014

PREMIO ONE LOVELY BLOG AWARD


Chéganos de novo o premio One Lovely Blog Award, esta vez de mans do blogue EDUCACIÓN INFANTIL PADRE MANJÓN. A condición para aceptalo é contestar estas once preguntas:

1.- Unha frase para compartir:

Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe.

2.- Un post que te deixara pegada:

O que me pediu que compartira unha mamá cunha nena con autismo.

3.- O teu día favorito para traballar...

Todos, non teño día favorito.

4.- Cantas horas adicas ao teu blogue?

Bastantes, sobretodo polas noites.

5.- O teu mellor amigo/a.

O que ainda que non vexas sabes que sempre está ahí.

6.-  Unha cidade á que queiras ir:

Ainda que son moitas, direi Roma

7.- Que desexas que nos aporte o teu blogue?

Recursos e ideas para facilitar o voso traballo así como a ilusión que poño en todo o que fago cos meus alumnos/as,

8.-  Que tres blogues non te perdes? Normalmente ningún dos que sigo e sobretodo os das miñas compañeiras de claustro blogue: La clase de Miren, Mon Infantil, Mi cole al día y Mi Grimorio Escolar.

9.- Que estilo ten a túa casa?

Sinxelo.

10.- Cal é o teu post favorito?

Non sabería con cal quedarme.

11.- Que te aporta o teu blogue persoalmente? Moita satisfación.

Tamén nos chega este premio das mans de Anabel do blogue O RECUNCHO DAS FADAS, que nos propón as seguintes cuestións:

1.- Unha intención: Pasar máis tempo coa miña familia.
2.- Un ideal: Que haxa paz no mundo para todos.
3.- Un propósito: Desconectar do blogue todo o verán.
4.- Unha canción: Encántanme todas as de Amaral.
5.- Un soño: Poder seguir traballando no que me gusta.
6.- Unha profesión: A miña, non a cambiaría por ningunha outra.
7.- Unha utopía: Acadar a igualdade entre homes e mulleres, que desapareza a pobreza e que todos os nenos do mundo podan disfrutar dos seus dereitos.
8.- Un grupo musical: Amaral
9.- Un desexo cumprido: Aprobar as oposicións no seu momento e ter unha familia marabillosa.
10.- Un viaxe por realizar: Levar a Eurodisney á miña filla pequena (está que non cala ja ja)
11.- Unha historia que contar: Non sabería cal elexir.

Como é un premio que xa nos adicaron, non vou elexir aos 11 blogues para darllo porque xa o fixen no seu momento.

MOITÍSIMAS GRAZAS, PROFES POLO PREMIO!!!!!

martes, 15 de abril de 2014

PREMIO LIEBSTER AWARD 2


Estamos de noraboa. A nosa amiga Lola, do blogue UN PEQUEÑO MUNDO DE COLORES, e tamén Marta, do blogue EL DESVÁN CURIOSOacaban de obsequiarnos con este fantástico premio.
Este premio ven acompañado de 11 preguntas:

- Por que decidiches crear un blogue e cando empezaches? Con este blogue empecei hai case catro anos co fin de que me servise de apoio e banco de recursos para o traballo da clase así como unha ventá na que os pais dos meus alumnos vesen o que facemos na clase.

- Que te aporta ter un blogue? A satisfación de ver que o noso traballo élle útil a moita máis xente así como o coñecer a moitísima xente amiga coa que compartir experiencias e recursos.

- Como é o teu día e como o compaxinas co teu blogue? Pola mañá cole, pola tarde reunións, cursiños e estar coa miña familia e pola noite aproveitar para traballar no blogue e visitar aos blogues amigos.

- Cal é o post que máis éxito tivo e a que o atribúes? Se che digo a verdade non o sei. O que tivo máis comentarios foi cando gañei o segundo accesit en Edublogs 2013 e demostroume que teño moi bos amigos na blogosfera aos que lles estou moi agradecida.

- Cales son as túas redes sociais favoritas? A principal é o facebook ainda que pouco a pouco vou colléndolle gusto ao Twitter.

- Recoméndame unha película que vises ultimamente e que valla a pena. Unha das últimas películas que vin foi  "Ocho apellidos vascos" é unha película moi entretida desde o principio ata o fin e tal e como están as cousas ultimamente é moi bo rir de vez en cando.

- Como blogger que consellos lles darías a alguén que quixese empezar? Que non dubide en facer un blogue, trae consigo moitas satisfaccións pero que tamén teña coidado porque é moi aditivo ji ji .

- Como mestra, cóntame unha anécdota divertida na túa clase.Os meus nenos son moi imprevisibles así que na nosa clase pode pasar de todo.

- En que te fixas para ser seguidora doutros blogues? Principalmente no seu contido e despois na persoa que hai detrás. Gústame deixar comentarios nos blogues dos que son seguidora porque sei a ledicia que da recibilos.

- Dime o último libro que liches: ASSUR de Francisco Narla.

- Que é o que máis che gusta da túa profesión? Ver o avance dos meus alumnos e o seu sorriso cada mañá cando entro en clase.

En canto ao de nominar outros cinco blogues para dar o premio, co voso permiso unha vez máis vouno adicar aos meus fieis seguidores.

MOITÍSIMAS GRAZAS, LOLA

jueves, 16 de enero de 2014

PREMIO DARDOS


Hai máis dun ano recibíamos o premio Dardos da man do noso amigo Joel e de moitísimos blogues amigos máis (podedes consultar a entrada clicando AQUÍ). Estes días tiven a agradable sorpresa de ver como este premio nos volvía da man dun estupendo blogue que acabo de descubrir CHILINDRADASUN da profe Isabel, de Mariela do blogue TODOPREESCOLAR, da profe Vicen do blogue ARGONAUTAS, de Blanca do blogue ESCUELA INFANTIL CASTILLO DE BLANCA e de Isabel do blogue LAS TIC EN PRIMARIA .
Dende aquí quero agradecerlle as dúas este detalle para co meu blogue.

MOITÍSIMAS GRAZAS, AMIGAS!!!!!

Aceptar o premio leva consigo unhas regras que son:

Incluír unha foto do premio
Mencionar e linkear o blogue que te otorga o premio
Entregar o premio a outros 15 blogues.

As dúas primeiras xa as cumprín. En canto á terceira,  vou incumprir as normas (espero que me perdoe a persona da que partíu o premio) e adicarllo a todos os blogues que sigo, porque se este premio é á dedicación, á creatividade e ao esforzo de manter un blogue, eu considero a todos estes blogues merecedores de dito premio.

ACTUALIZACIÓN: En xaneiro do 2015 recibimos o mesmo premio da man de Julio do blog LEER ES  SIEMPRE UN VIAJE SORPRENDENTE. Moitísimas grazas Julio. E en abril do 2015, da man de Yolanda do blog RECURSOS PARA DOCENTES. Moitísimas grazas Yolanda.