martes, 15 de abril de 2014

PREMIO LIEBSTER AWARD 2


Estamos de noraboa. A nosa amiga Lola, do blogue UN PEQUEÑO MUNDO DE COLORES, e tamén Marta, do blogue EL DESVÁN CURIOSOacaban de obsequiarnos con este fantástico premio.
Este premio ven acompañado de 11 preguntas:

- Por que decidiches crear un blogue e cando empezaches? Con este blogue empecei hai case catro anos co fin de que me servise de apoio e banco de recursos para o traballo da clase así como unha ventá na que os pais dos meus alumnos vesen o que facemos na clase.

- Que te aporta ter un blogue? A satisfación de ver que o noso traballo élle útil a moita máis xente así como o coñecer a moitísima xente amiga coa que compartir experiencias e recursos.

- Como é o teu día e como o compaxinas co teu blogue? Pola mañá cole, pola tarde reunións, cursiños e estar coa miña familia e pola noite aproveitar para traballar no blogue e visitar aos blogues amigos.

- Cal é o post que máis éxito tivo e a que o atribúes? Se che digo a verdade non o sei. O que tivo máis comentarios foi cando gañei o segundo accesit en Edublogs 2013 e demostroume que teño moi bos amigos na blogosfera aos que lles estou moi agradecida.

- Cales son as túas redes sociais favoritas? A principal é o facebook ainda que pouco a pouco vou colléndolle gusto ao Twitter.

- Recoméndame unha película que vises ultimamente e que valla a pena. Unha das últimas películas que vin foi  "Ocho apellidos vascos" é unha película moi entretida desde o principio ata o fin e tal e como están as cousas ultimamente é moi bo rir de vez en cando.

- Como blogger que consellos lles darías a alguén que quixese empezar? Que non dubide en facer un blogue, trae consigo moitas satisfaccións pero que tamén teña coidado porque é moi aditivo ji ji .

- Como mestra, cóntame unha anécdota divertida na túa clase.Os meus nenos son moi imprevisibles así que na nosa clase pode pasar de todo.

- En que te fixas para ser seguidora doutros blogues? Principalmente no seu contido e despois na persoa que hai detrás. Gústame deixar comentarios nos blogues dos que son seguidora porque sei a ledicia que da recibilos.

- Dime o último libro que liches: ASSUR de Francisco Narla.

- Que é o que máis che gusta da túa profesión? Ver o avance dos meus alumnos e o seu sorriso cada mañá cando entro en clase.

En canto ao de nominar outros cinco blogues para dar o premio, co voso permiso unha vez máis vouno adicar aos meus fieis seguidores.

MOITÍSIMAS GRAZAS, LOLA