lunes, 26 de mayo de 2014

PREMIO ONE LOVELY BLOG AWARD


Chéganos de novo o premio One Lovely Blog Award, esta vez de mans do blogue EDUCACIÓN INFANTIL PADRE MANJÓN. A condición para aceptalo é contestar estas once preguntas:

1.- Unha frase para compartir:

Non deixes para mañá o que poidas facer hoxe.

2.- Un post que te deixara pegada:

O que me pediu que compartira unha mamá cunha nena con autismo.

3.- O teu día favorito para traballar...

Todos, non teño día favorito.

4.- Cantas horas adicas ao teu blogue?

Bastantes, sobretodo polas noites.

5.- O teu mellor amigo/a.

O que ainda que non vexas sabes que sempre está ahí.

6.-  Unha cidade á que queiras ir:

Ainda que son moitas, direi Roma

7.- Que desexas que nos aporte o teu blogue?

Recursos e ideas para facilitar o voso traballo así como a ilusión que poño en todo o que fago cos meus alumnos/as,

8.-  Que tres blogues non te perdes? Normalmente ningún dos que sigo e sobretodo os das miñas compañeiras de claustro blogue: La clase de Miren, Mon Infantil, Mi cole al día y Mi Grimorio Escolar.

9.- Que estilo ten a túa casa?

Sinxelo.

10.- Cal é o teu post favorito?

Non sabería con cal quedarme.

11.- Que te aporta o teu blogue persoalmente? Moita satisfación.

Tamén nos chega este premio das mans de Anabel do blogue O RECUNCHO DAS FADAS, que nos propón as seguintes cuestións:

1.- Unha intención: Pasar máis tempo coa miña familia.
2.- Un ideal: Que haxa paz no mundo para todos.
3.- Un propósito: Desconectar do blogue todo o verán.
4.- Unha canción: Encántanme todas as de Amaral.
5.- Un soño: Poder seguir traballando no que me gusta.
6.- Unha profesión: A miña, non a cambiaría por ningunha outra.
7.- Unha utopía: Acadar a igualdade entre homes e mulleres, que desapareza a pobreza e que todos os nenos do mundo podan disfrutar dos seus dereitos.
8.- Un grupo musical: Amaral
9.- Un desexo cumprido: Aprobar as oposicións no seu momento e ter unha familia marabillosa.
10.- Un viaxe por realizar: Levar a Eurodisney á miña filla pequena (está que non cala ja ja)
11.- Unha historia que contar: Non sabería cal elexir.

Como é un premio que xa nos adicaron, non vou elexir aos 11 blogues para darllo porque xa o fixen no seu momento.

MOITÍSIMAS GRAZAS, PROFES POLO PREMIO!!!!!